Saltar ao contido

Aeronomy of Ice in the Mesosphere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AIM / SMEX 9 / Explorer 90
Representación artística de AIM
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisOrbital Sciences Corporation
Satélite deTerra
Data de lanzamento25 de abril de 2007[1][2][3][4]
Foguete portadorPegasus XL[5][2]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[5][2]
Obxectivo da misiónEstudo das nubes na mesosfera[5][2][4]
NSSDC ID2007-015A
Masa200 kg[5][2][4]
Datos orbitais
Semieixo maior6889 km[1]
Inclinación97,9 graos[1]
Apoapse521,0 km[1]
Periapse516,6 km[1]

Aeronomy of Ice in the Mesosphere ou AIM é un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de abril de 2007 mediante un foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea en California.[5][2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

AIM, tamén coñecido como SMEX 9 e Explorer 90, é un satélite de 200 kg de masa lanzado para estudar principalmente a orixe e comportamento das Nubes Mesosféricas Polares (PMC polas súa siglas en inglés) que se forman na atmosfera por enriba dos 80 km de altura e principalmente en verán e nas rexións polares.[5][2]

O obxectivo é medir a contorna química, térmica e dinámica onde se forman estas nubes para intentar comprender mellor a meteroloxía da mesosfera[5][2]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

AIM leva tres instrumentos a bordo:[5][2][2][4]

  • SOFIE (Solar Occultation for Ice Experiment), un radiómetro diferencial de absorción e ocultación solar.
  • CIPS (Cloud Imaging and particle Size Experiment), unha cámara ultravioleta panorámica.
  • CDE (Cosmic Dust Experiment), un detecto de po cósmico.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "AIM" (en inglés). 2011. Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (27 de abril de 2022). "Aeronomy of Ice in the Mesosphere" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  3. "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (V.07-89382 (E)): 8. 21 de decembro de 2007. Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2022). "AIM" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "AIM (SMEX 9, Explorer 90)" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]